NOTICIA

----

Unha xornada homenaxea a María Xosé Queizán, pioneira do feminismo galego

“Tocoume ser das primeiras por idade e por curiosidade” afirmou María Xosé Queizán na homenaxe que lle dedicou o Centro de Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) no día en que cumpría 86 anos. A presidenta, Rosario Álvarez, abriu esta cita que serviu tamén para poner de manifestó a relevancia da súa obra e a vixencia do seu pensamento.

“Estou moi contenta polo feminismo galego porque é moi especial” declarou Queizán recoñecéndose como unha activista do fenimismo galego. Canda ela, Carme Adán, directora do CDIF, destacou a reedición que vén de facer o CCG de “Recuperemos as mans” e “Evidencias” , dous textos fundamentais para o feminismo galego tanto polas datas en que se realizaron como polas contribución dos seus textos. “As nosas ondas do feminismo son distintas porque contan coas nosas pautas grazas a figuras como María Xosé Queizán” afirmou Carme Adán na presentación.

De seguido ofreceu un relatorio titulado “O pensamento feminista emerxe do corpo”. Após a súa intervención, Marga do Val interviu co título “Comunicar, transmitir, transgredir”. Pechou o relatorio Helena González Fernandez, con “Digo independencia e non autonomía: teoría, praxe, feminismo, nación”. Ao remate houbo un coloquio coas relatoras moderado por Inma López Silva.

A xornada rematou co recital “Acende o verso a túa luz” a cargo de Cintaadhesiva que conforman Silvia Penas e Jesús Andrés que incluíu recitados das obras de Queizán.