
Ciclo Pensarmos
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo… Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
Gabinete de comunicación
22/01/2025
O ciclo Pensarmos regresa con Margot Rot e unha conferencia sobre a infoxicación
Gabinete de comunicación
29/05/2024
O pensamento de Luísa Villalta centra a sesión de maio do ciclo Pensarmos
Gabinete de comunicación
13/03/2024
Victoria Quintero fala de xénero e patrimonio nunha nova sesión do ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
24/01/2024
Mar García Puig fala das confluencias entre literatura e saúde mental no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
22/11/2023
Sarah Babiker analiza no ciclo Pensarmos a influencia dos alicerces materiais na democracia
Gabinete de Comunicación
27/09/2023
Xosé Ramón Veiga reflexiona sobre a aceptación da derrota democrática no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
24/05/2023
Cristina Fallarás e David Rodríguez reflexionan sobre o movemento do 15-M no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
22/03/2023
María Xosé Porteiro aborda contradicións da democracia no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
25/01/2023
Regresa o ciclo Pensarmos cunha charla de Joaquín Urías sobre calidade democrática
Gabinete de Comunicación
20/09/2022
Regresa o ciclo Pensarmos cunha conferencia sobre a discriminación no dereito
Gabinete de Comunicación
18/05/2022
Javier Vilanova fala de filosofía de sentido común no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
23/03/2022
Belén Gopegui participa no ciclo Pensarmos que este ano afondará no concepto da normalidade
Gabinete de Comunicación
22/09/2021
Jaume Alonso-Cuevillas falará mañá no ciclo Pensarmos sobre noticias falsas e xuízos paralelos
Gabinete de Comunicación
23/06/2021
Brigitte Vasallo participa mañá no ciclo de reflexión “Pensarmos”, que para no verán
Gabinete de Comunicación
26/05/2021
A xuíza Garbiñe Biurrum debaterá mañá sobre a verdade na xustiza no ciclo “Pensarmos”
Gabinete de Comunicación
20/05/2021
A xuíza Garbiñe Biurrum analizará a verdade na xustiza no marco do ciclo “Pensarmos
Gabinete de Comunicación
21/04/2021
A psiquiatra Iria Veiga falará mañá sobre os trastornos da verdade no ciclo “Pensarmos”
Gabinete de Comunicación
24/03/2021
O escritor Luisgé Martín falará mañá sobre a mentira na literatura no ciclo “Pensarmos”
Gabinete de Comunicación
17/02/2021
O ciclo “Pensarmos”, que dedicará o 2021 a reflexionar sobre a mentira, regresa con Eulalia Pérez Sedeño
Gabinete de Comunicación
26/02/2020
José María Lassalle falará mañá de humanismo dixital no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
21/02/2020
José María Lassalle participará no ciclo “Pensarmos” no Consello da Cultura Galega
Gabinete de Comunicación
15/01/2020
Fernando Broncano falará mañá da soidade e do desarraigo dentro do ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
27/11/2019
A trata de seres humanos centra a última sesión do ano do ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
25/09/2019
Carmen Velayos falará sobre os retos morais ante o cambio climático no ciclo “Pensarmos”
Gabinete de Comunicación
26/06/2019
Margarita Boladeras aborda a legalización da eutanasia no ciclo “Pensarmos”
Gabinete de Comunicación
22/05/2019
António Cunha fala mañá sobre tecnoloxía e sociedade no ciclo Pensarmos
Gabinete de Comunicación
23/01/2019
Javier Echeverría abre mañá o ciclo Pensarmos cunha reflexión sobre a sociedade e a tecnoloxía
Gabinete de Comunicación
17/01/2019