Inventio Mundi

Inventio Mundi

No pasado ano 2019 conmemoramos o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta.
A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada na Fundación Barrié e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.
Exposición. Inventio Mundi
Inventio Mundi
Biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cádiz, do 27 de marzo ao 12 de abril de 2023
Cádiz
Exposición. Inventio Mundi
Inventio Mundi
Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII
A Tenencia, Ares do 19 ao 31 de agosto de 2022
Ares
Exposición. Inventio Mundi
Inventio Mundi
Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII
Fundación Barrié, A Coruña, do 11 de setembro ao 25 de outubro de 2020
A Coruña
Exposición. Inventio Mundi
Inventio Mundi
Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII
Museo do Mar de Galicia, Vigo, do 7 de febreiro ao 12 de abril de 2020
Vigo