O Anuario de Estatísticas Culturais é un proxecto pioneiro no país, que trata de compilar unha gran cantidade de datos e estatísticas sobre o sector cultural en Galicia.
O obxectivo central é fornecer unha base de coñecemento cuantitativo sobre a situación do sector cultural en Galicia, de maneira que permita dispor dun panorama xeral sobre o sector cultural anualmente, coñecer a evolución das principais variables e posibilitar a comparabilidade territorial (especialmente cos datos referidos ao conxunto de España ou de outras comunidades autónomas).
O anuario está organizado en 2 grandes bloques: un recolle as dimensións transversais que se analizan de forma agregada (gasto público en cultura, emprego cultural, educación, etc.); e outro coincide coas áreas dos subsectores culturais (patrimonio, arquivos, artes visuais, etc.).

Título | Anuario de Estatísticas Culturais 2006 |
Coordinación |
Håkan Casares |
Equipo técnico |
Purificación Carballo María Concepción Díaz-Fierros Xaime Subiela |
Presentación |
Ánxela Bugallo José Colino Sueiras Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 395 p ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-96530-53-9 |
Depósito Legal | C 973-2008 |
CCG. Signatura | DS(GA): RA CON anu ; DS(GA): RA CON anu (b) |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:6 |
Materias | |
Código QR |