A través deste informe preténdese dar un paso máis no coñecemento do comportamento cultural dos galegos, das súas preferencias, dos seus costumes e hábitos, a través de cuestións referenciais como a asistencia a espectáculos e eventos culturais, o consumo de medios de comunicación, a lectura ou a práctica deportiva.
Realizado polo Observatorio da Cultura Galega, este estudo é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto Galego de Estatística co fin de analizar os datos recollidos no módulo específico de Ocio e hábitos culturais 2006, incluído na Enquisa de condicións de vida das familias, unha macroenquisa anual dirixida aos fogares galegos, co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Título | Ocio e hábitos culturais dos galegos |
Coordinación |
Håkan Casares |
Equipo técnico |
Purificación Carballo María Concepción Díaz-Fierros Elena Gómez Quintela |
Presentación |
Ánxela Bugallo Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 452 p ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-96530-82-9 |
Depósito Legal | C 4754-2008 |
CCG. Signatura | CCG 2008 349 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:9 |
Materias | |
Código QR |