Presentar de forma ordenada e comprensiva os coñecementos actuais sobre o clima galego, desde a saída da última glaciación ata os nosos días, e engadir a esta historia do clima galego algunhas reflexións sobre a historiografía do clima son os dous grandes obxectivos desta publicación.
Esta historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas que presenta o Consello da Cultura Galega está dividida en dúas grandes partes. A primeira delas inclúe tres apartados: un primeiro, e fundamental, en que se describen as principais etapas do desenvolvemento destas ciencias en Galicia, enmarcadas no contexto histórico mundial e español; un segundo, en que se ofrece unha pequena historia dos primeiros observatorios, que foron esas unidades funcionais fornecedoras dos datos meteorolóxicos; e, finalmente, un apartado complementario no que se recollen algúns exemplos do instrumental utilizado nos observatorios.
A segunda parte desta historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas trata sobre a historia do clima en Galicia, que se considerou de interese e pertinente para a súa inclusión neste volume porque era o resultado máis tanxible desas actividades que na primeira parte se describían e porque o propio clima ten tamén unha historia particular que axudaría a completar esa dimensión temporal tan necesaria para eses momentos de reflexión dos que tan debedora é a ciencia contemporánea.
Título Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Autoría Javier Cancelo
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Luis Gómez-Orellana
María Luisa Losada Sanmartín
Castor Muñoz Sobrino
Eva María Otero Turnes
Pablo Ramil
Montserrat Recarey Pérez
Presentación Manuel Vázquez Fernández
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 209 p. : il. cor ; 28 cm + 1 CD-ROM.
Notas Editado coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
ISBN 978-84-96530-72-0
Depósito Legal C 3717-2008
CCG. Signatura CCG 2008 340
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR