Este catálogo dá conta e fai accesible o arquivo paciente e concienciudamente reunido por monseñor José Guerra Campos (Ames-A Coruña, 1920–Barcelona, 1997), destacado estudoso de moi diversos temas e, particularmente, de todo o relacionado coa historia compostelá, o Camiño de Santiago e a devoción ao Apóstolo.
Monseñor Guerra Campos, autor de numerosas publicacións nacidas dos seus traballos ao abeiro das escavacións no subsolo da Catedral de Santiago e tamén noutras moitas fontes, aparece aquí como un investigador eficiente e laborioso.
Cando estamos preto do Ano Xubilar Compostelán de 2010, esta publicación vén enriquecer o patrimonio relacionado coa importante dimensión histórica
e relixiosa do fenómeno xacobeo e pon a disposición dos investigadores novas posibilidades de estudo, coñecemento e contraste.
Título Catálogo da colección Guerra Campos do arquivo-biblioteca da catedral de Santiago de Compostela
Autoría María Elena Novás
Presentación José María Díaz Fernández
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 118 p. ; 24 cm.
ISBN 978-84-96530-78-2
Depósito Legal VG 1651-2008
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Fontes para a Historia de Galicia; Núm:8
Materias
Código QR