Logo dun esquecemento tan prolongado como inxusto, a obra filolóxico-lingüística de Ángel Amor Ruibal (1869-1930) comeza a recibir toda a atención de que é merecente e atopa por fin o que antes non tivera a sorte de encontrar: lectores dispostos a ver nela a suma e o cumio dun século enteiro de investigación glotolóxica e a exhumar nas súas páxinas as ocultas sementes de futuro que no seu día, por desgraza, non deron xermolado. Malia todas as súas tachas e limitacións, das que os autores son ben conscientes, os traballos recollidos neste volume poñen os alicerces da necesaria recuperación do Amor Ruibal estudoso da linguaxe e das linguas, ata agora eclipsado polo filósofo, o teólogo e o canonista.
Título Amor Ruibal Filólogo
Actas do Simposio Internacional sobre a Obra Filolóxico -Lingüística de Angel Amor Ruibal
Coordinación Andrés Torres Queiruga
Antonio Domínguez Rey
Pablo Cano López
Autoría Xesús Alonso Montero
Javier Arias Navarro
Pablo Cano López
Antonio Domínguez Rey
Ana García Lenza
Johannes Kabatek
Víctor M. Longa
Ángel López García-Molíns
Javier Martínez Contreras
Gregorio del Olmo Lete
Andrés Torres Queiruga
Limiar Andrés Torres Queiruga
Notas Pablo Cano López
Obxecto de estudo Ángel Amor Ruibal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009
Edición 1ª edición
Descrición física 428 p. ; 23 cm.
Notas Textos en galego e castelán.
ISBN 978-84-96530-94-2
Depósito Legal PO 377-2009
CCG. Signatura 8 AMO tor
DOI 10.17075/arf.2009
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR