A exposición Os adeuses é un documento en imaxes dun feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. Porén esta mostra é moito máis que unha reportaxe gráfica.

Obedecendo á vocación fotográfico-artística e ao bo facer de Alberto Martí hoxe podemos gozar dunha faceta posiblemente menos coñecida do autor: a de retratista de historias humanas.

Cada unha das fotografías que conforman esta exposición reborda emoción, sentimento, frescura e naturalidade. O sentir destes protagonistas anónimos traspasa as súas expresións e xestos. E o que narran as fotos ábrelle espazos á nosa receptividade e activa as referencias da nosa contorna.

Título adeuses, Os
Fotografías de Alberto Martí�
Fotografía Alberto Martí
Coordinación Begoña Combo
Begoña Tajes
Presentación Alfonso Cabaleiro
Ramón Villares
Textos Pilar Cagiao
José Caruncho
María Teresa García Domínguez
Publicación Santiago de Compostela; A Coruña: Consello da Cultura Galega; Centro Galego de Artes da Imaxe, 2010
Edición 1ª edición
Descrición física 148 p. : principalmente il. ; 25 cm.
Notas Texto en galego, castelán e inglés.
Publicada unha 2ª edición, 2011
ISBN 978-84-92923-04-5
Depósito Legal C 2301-2010
CCG. Signatura CCG 2010 384
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR