Coa edición deste libro o Consello da Cultura Galega contribúe a rescatar do esquecemento e dar a coñecer a figura de José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola (Betanzos, 1895-Barcelona, 1954). El foi un precoz e extraordinario pianista e un dos mellores compositores galegos da primeira metade do século XX.

A recuperación histórica e biográfica da obra de Arriola pode reputarse aínda máis importante se temos en conta a lamentable circunstancia da desaparición da maior parte da obra e da memoria musical de Arriola –a discografía, a biblioteca e toda música escrita-, vítima dos bombardeos aliados da cidade de Berlín, onde residía á altura de 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial.

O Consello da Cultura Galega contribúe así á recuperación desta figura sobranceira da música galega, neno prodixio e talento mundialmente recoñecido, de éxito incuestionable pero escurecido e esquecido ao final dos seus días en Barcelona cando contaba 59 anos.

[Data de comunicación: decembro 2020]

Titulo Arriola, obra musical
Música. Composición José Arriola
Coordinación Ramón Castromil
Ilustración Rafael Úbeda
Música. Edición Joám Trillo
Presentación Ramón Villares
Textos Luís Mera
Rafael Úbeda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Consorcio de Santiago, 2010
Edición 1ª edición
Descrición física 1 estoxo ; 30 cm. [80 p. : il. , fot. + 9 v. partituras + 1 CD-ROM]
Notas Contén 10 volumes dentro do estoxo (1 en cartoné, 6 en rústica, 3 grampados): v. 1. Sobre Arriola / textos Rafael Úbeda, Luis Mera, Joám Trillo [80p.] -- v. 2. Concertino para piano e orquesta [104 p.]-- v. 3. Divertimento concertante [97 p.] -- v. 4. Concerto para corno e orquesta [62 p.] -- v. 5. Tres textos cervantinos [57 p.] -- v. 6. Seis poesías de Antonio Machado [26 p.] -- v. 7. Quarteto de cordas [42 p.] -- v. 8. Obras para piano: Aurora, Impresiones Argentinas, Hommage a Manuel de Falla [63 p.] -- v. 9. Tres textos cervantinos: versión para dous pianos [29 p.] -- v. 10. Pezas curtas: Die Tote Stadt, Song, Schlichte Weise, Pequena Serenata, Lamento [28 p.]
ISBN 978-84-92923-02-1
Depósito Legal C 1803-2010
CCG. Signatura CCG 2010 379
Url externa pdf en liña
Materias
Áreas
Código QR