Esta edición conmemorativa de Recuperemos as mans (1980) e Evidencias (1989) quere rescatar, poñer en valor e difundir dúas contribucións imprescindíbeis de María Xosé Queizán como pensadora galega ao debate feminista. O seu primeiro libro de ensaios titúlao A muller en Galicia(1977). Nel revisa o papel das mulleres na antropoloxía e na teoría marxista desde un marco teórico formado polo feminismo materialista, o pensamento poscolonial e o nacionalismo, e, sobre todo, estabelece un paralelismo entre a situación da nación e da lingua galegas e a da muller. Mais, nos anos seguintes, prodúcese na escritora un xiro cara ao feminismo independente, sen dúbida como consecuencia
dos intensos avances que están sucedendo no movemento organizado, tanto en Galicia como no Estado español, e nos que Queizán participa. Boa mostra desa etapa son os títulos que reeditamos. Neles compróbase que gran parte das cuestións que constitúen preocupacións aínda no noso presente aparecían xa naquel momento: diferenza sexual, familia, participación na esfera pública, violencia contra as mulleres, lesbianismo, poder, valor, lingua, corpo e desexo, amor, escrita das mulleres... Esta edición conmemorativa publícase con motivo do aniversario de
María Xosé Queizán. O agasallo non é só recuperarmos eses libros, senón adentrármonos na súa lectura: na lectura de dous clásicos do pensamento feminista galego.

[Data da nota de prensa: marzo 2025]
Título | Recuperemos as mans. Evidencias |
Autoría |
María Xosé Queizán |
Edición |
Helena González Fernández |
Obxecto de estudo |
María Xosé Queizán |
Presentación |
Carme Adán Villamarín Rosario Álvarez Helena González Fernández Marga do Val |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2025 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 249 p; 24 cm |
Notas | Esta edición de Recuperemos as mans e Evidencias saíu do prelo o 5 de febreiro de 2025, aniversario do nacemento da escritora e feminista galega María Xosé Queizán. |
ISBN | 978-84-17802-70-7 |
Depósito Legal | C 44-2025 |
DOI | 10.17075/rme.2025 |
Colección | autores & textos |
Evento |
Xornada. Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán. 14/3/2025. Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Vigo Xornada. Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán. 5/2/2025. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Preséntanse en Vigo a reedición de Recuperemos as mans e Evidencias de María Xosé Queizán [Data da nota: 13/3/2025].