Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (1935), obra do indiano Justo Taladrid Catá con prólogo do xornalista local Salvador Pérez-Labarta Pillado, constitúe un libelo polémico no que o seu autor intentou xustificar a súa propia conduta, que moitos sectores sociais e institucionais xulgaron e denunciaron con fundadas razóns como obstrucionista no proceso de consecución dun novo grupo escolar para a vila do Landrove, nos anos vinte e trinta do pasado século.
No fragor dese debate público resultaría danado o propio vínculo de Taladrid coa entidade que promovera e representara durante varios lustros e que lle dera boa parte da súa reputación filantrópica, a sociedade de instrución Vivero y su Comarca. Os estreitos lazos políticos do indiano co cacique Soto Reguera e coa ditadura do xeneral Primo de Rivera, así como o seu reaccionarismo ideolóxico, tiveron moito que ver con esa actitude súa de poñer toda clase de obstáculos e reparos a un proxecto que foi acariñado por sucesivos alcaldes de Viveiro (José Santiago Seijo, Eugenio Pérez Abadín, Ramón Villar Ponte…) e pola Asociación de Mestres Nacionais, liderada nesa época no distrito por figuras como Ángel Fraga Orosa e José María Pereda Álvarez. Ambos os docentes escribirían por iso unha réplica ao libelo de Taladrid co título de Pulverizando insidias o verdades como montañas (1936).

[Data da nota de prensa: xullo 2024]
Título | Verdades como puños y consideraciones |
Autoría |
Justo Taladrid Catá |
Estudo introdutorio |
Emilio Xosé Insua López |
Obxecto de estudo |
Justo Taladrid Catá |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 97, [vii], 166 p.: 21 cm |
Notas | Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación /por Antonio Rodríguez Miranda; 3.- Estudo introdutorio: Os controvertidos perfís dun indiano da terra de Viveiro; 4.- Facsímile: Verdades como puños y consideraciones/Justo Taladrid Catá� |
ISBN | 978-84-17802-58-5 |
Depósito Legal | C 2093-2023 |
Colección | Clásicos da Emigración |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O CCG presenta tres obras que recuperan a memoria e os debates da emigración galega en diferentes etapas históricas [Data da nota: 17/7/2024].