No momento actual, cando aínda son máis as incertezas que as evidencias sobre o que pode chegar a implicar a introdución da IA no sector cultural, resulta interesante analizar a opinión dos/as profesionais da cultura galega, tanto para coñecer o grao no que se van implantando as distintas ferramentas da IA nas súas entidades, como para recoller as consideracións, prognósticos ou previsións que manteñen con respecto ás consecuencias, de carácter positivo ou negativo, que pode ter no sector a aplicación desta tecnoloxía. Como se ve neste informe, non son poucas as persoas entrevistadas que confían nas vantaxes da IA, pero tamén temen as súas posibles consecuencias negativas. O que si mostran con claridade os datos é que a IA chegou para quedar no sector cultural e que a súa presenza se vai ampliar notablemente nos vindeiros anos.
[Data da nota de prensa: xullo 2024]
Título | intelixencia artificial na cultura galega: coñecemento, usos e opinións, A |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2024 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 40 p.: gráf., cor (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/iacgcuo.2024 |
Evento |
Xornada. A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria. 9/7/2024. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Un novo Documento de Traballo amosa a desigual penetración do coñecemento da intelixencia artificial no sector da cultura galega [Data da nota: 9/7/2024].