Este informe pretende dar continuidade ao compromiso do Consello da Cultura Galega coa cultura científica. O traballo consiste nunha explotación específica e descrición dos resultados principais da Encuesta sobre Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología (EPSCT) para Galicia que elabora cada dous anos a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). En conxunto, o documento aborda contidos moi diversos que percorren este campo a través de diferentes ángulos de estudo, dende a imaxe social da ciencia, da tecnoloxía e da profesión científica, ata o cambio climático e a ciencia, a percepción da intelixencia artificial e a robótica ou a confianza cidadá na ciencia, etc.
[Data da nota de prensa: maio 2024]
Título | Percepción social da ciencia e da tecnoloxía en Galicia |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2024 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 87 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/psctg.2024 |
Evento |
Difusión. Documento de traballo Percepción social da ciencia e da tecnoloxía en Galicia. 30/5/2024. . Consellodacultura.gal |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Mellora a percepción social da ciencia en Galicia segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da nota: 30/5/2024].