O obxectivo deste volume é conxugar a investigación sobre a variación léxica coa presentación de proxectos educativos centrados na recolleita de vocabulario tradicional, para deste xeito achegarnos desde unha dobre perspectiva ao patrimonio léxico da antiga Gallaecia. En primeiro lugar, ofrécese un conxunto de estudos que mostran non só a existencia dun gran patrimonio léxico vivo, cunha riqueza ás veces insospeitada ao quedar boa parte do vocabulario fóra dos dicionarios e da tradición escrita, senón tamén o interese deste patrimonio lingüístico para coñecer tanto a historia coma o presente da lingua e do territorio. En segundo lugar, preséntase un feixe de experiencias didácticas en volta da recolleita de léxico patrimonial. Quixemos neste volume darlles voz ao profesorado, así como ás persoas responsables dos programas educativos que fomentan o coñecemento e, con el, o interese polo patrimonio material e inmaterial, para relataren as súas experiencias, as súas metodoloxías e os seus resultados. O conxunto de contribucións que conforman o libro aspira non só a acrecentar o coñecemento sobre a variación léxica no galego e no portugués e a dar noticia dalgúns programas educativos e dalgúns proxectos levados a cabo en centros de ensino a un e outro lado da fronteira, senón tamén a estimular a realización doutros estudos e a posta en marcha de novas experiencias didácticas en volta da lingua, do patrimonio e do coñecemento tradicional.

[Data da nota de prensa: outubro 2023]

Título Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Edición María Álvarez de la Granja
Marta Negro Romero
Autoría Rosario Álvarez
María Álvarez de la Granja
María Alvariño Varela
Carmen Cerviño Gómez
Pilar Cornes López
Noelia García Díaz
David García San León
Rosa González Carballás
Eduardo Louredo Rodríguez
Xulia Marqués Valea
Dolores Míguez Montes
Ivone Monteiro
Marta Negro Romero
Irma Silva Hervella
Almudena Suárez Cerviño
Francisco Trashorras Lodos
Sónia Valente Rodrigues
Dolores Vázquez Torrón
Limiar María Álvarez de la Granja
Marta Negro Romero
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 272 p.: map., cor; 24 cm
Notas Este volume inscríbese no proxecto de investigación Patrimonio léxico da Gallaecia, dirixido por Rosario Álvarez e María Álvarez de la Granja e financiado na 1.ª convocatoria do programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP) no marco de GEOARPAD-IV. Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación.

Consello científico da colección (Serie Lingüística):
Ana Maria Barros de Brito (Universidade do Porto)
Dante Lucchesi (Universidade Federal da Bahia)
Josefa Dorta Luis (Universidad de La Laguna)
Maria-Pilar Perea i Sabater (Universitat de Barcelona)
Pedro Sánchez-Prieto Borja (Universidad de Alcalá)


Imaxe da cuberta: Marta Negro Romero a partir dunha imaxe de Gerd Altmann
ISBN 978-84-17802-49-3
Depósito Legal C 2135-2022
DOI 10.17075/lpct.2022
Colección Ensaio & Investigación
Evento Difusión. Publicación
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional.
3/10/2023. . Consellodacultura.gal
Materias
Áreas
Código QR
Gabinete de comunicación

Subida á rede a publicación Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional [Data da nota: 3/10/2023].