José Rodríguez Carracido naceu en 1858 en Santiago de Compostela. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (1871-74) e foi catedrático de Química Orgánica (1881) e Química Biolóxica (1898) na Universidad Complutense, da que foi reitor desde 1916 a 1927. Numerario da Academia de Ciencias (1888), da de Medicina (1906) e da Española (1909) e de honra da Real Academia Galega (1922). Un dos introdutores da bioquímica en España e un dos máximos expoñentes da xestión e divulgación da ciencia de finais do século XIX e principios do XX. Promotor da Sociedad Española de Física y Química e da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias e, así mesmo, membro moi destacado da Junta para Ampliación de Estudios.
En Galicia, ao par do recoñecemento de que gozou pola súa transcendencia como home de ciencia, foi tamén moi valorado polos rexionalistas e algúns deles, como Curros Enríquez ou Murguía, mantiveron con el fondas relacións. Curros mesmo chegou a afirmar que a «trindade do rexionalismo galego» estaba constituída por Murguía, Brañas e Carracido.
Neste libro recóllense diversos textos de Rodríguez Carracido relativos a esta faceta galeguista, en xeral moi pouco coñecida, do egrexio científico e farmacéutico galego.


[Data da nota de prensa: setembro 2023]

Título José Rodríguez Carracido.
Científico referente do rexionalismo galego
Edición Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Autoría Francisco Díaz-Fierros Viqueira
José Rodríguez Carracido
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 227 p; 24 cm.
Notas Imaxe da cuberta: José Rodríguez Carracido, debuxo de Luís Xesta, publicado en Céltiga, ano III, n.º 44 (25-10-1926)

Contén:
- Presentación / Rosario Álvarez
- Limiar / Francisco Díaz Fierros Viqueira

-ESCOLMA DE TEXTOS (p. 17)

-REFERENCIAS GALEGAS SOBRE CARRACIDO (p.203):
J. Tarrío García: «Gallegos distinguidos. José Rodríguez Carracido», La Pequeña Patria, ano I, n.º 1 (10-11-1890), pp. 2-3
M[anuel] [Curros] [Enríquez]: «Hijos ilustres de Galicia», La Tierra Gallega, A Habana, ano II, n.º 72 (02-06-1895), pp. 1-2
«Letras de duelo. José Rodríguez Carracido», Boletín de la Real Academia Gallega, ano XXIII, n.º 201 (febreiro de 1928), pp. 233-234

- BIOGRAFÍA DE JOSÉ RODRÍGUEZ CARRRACIDO/ por Francisco Díaz-Fierros Viqueira (p.205)
Depósito Legal C 1420-2023
DOI 10.17075/jrccrrg.2023
Colección autores & textos
Evento Difusión. autores & textos
José Rodriguez Carracido. Científico referente do rexionalismo galego
25/9/2023. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal
Materias
Código QR