Nada máis rematar o ano 2022 deuse inicio aos traballos de campo da última edición do barómetro. Unha das novidades desta entrega é que ademais de preguntarlles a empresas, administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro, incluíuse unha submostra de profesionais autónomos vinculados á produción cultural.
O estudo permite coñecer a percepción das persoas responsables destes organismos sobre a marcha da economía, do sector cultural ou das propias entidades durante 2022, ao tempo que recolle as súas expectativas para 2023. Tamén presta atención a aspectos relevantes como a solicitude de subvencións ou axudas das administracións, a política de investimentos levada a cabo polas entidades, os pasos dados nos procesos de internacionalización e dixitalización, as características do capital humano que compoñen os cadros de persoal, etc. No plano máis puramente valorativo, o estudo somete ao xuízo dos profesionais da cultura cuestións relativas ás debilidades e fortalezas do sector e ao impacto do Ano Santo 2021-2022.

[Data de comunicación: abril 2023]

Título Barómetro da cultura galega 2023
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 94 p.: gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.


Máis información:
Barómetro da cultura galega I, xullo 2020
Barómetro da cultura galega II, xaneiro 2021
Barómetro da cultura galega III, xullo 2021
Barómetro da cultura galega 2022
DOI 10.17075/bcg.05.2023
Materias
Áreas
Código QR