Pouco antes da morte do ditador Francisco Franco, nos
primeiros meses do ano 1975, a Imprimerie des Gondoles de Choisy-le-Roi (preto de París) tiraba do prelo o poemario Reflejos en las orillas del Sena do marinense José Pastoriza Soto. Case medio século despois, esta edición tenta recuperar a obra, a figura e o contexto en que viviu e escribiu Pastoriza, un exiliado galego vítima do levantamento militar de 1936. E houbo que agardar ese tempo porque, malia as esperanzas creadas pola caída do réxime franquista, na Transición as canles de comunicación entre a diáspora no exilio e as novas camadas populares en Galicia foron practicamente inexistentes. Só ficaron vestixios daquela xeración frustrada en obras que pasaron inadvertidas, como é o
caso deste poemario social que Pastoriza publicou na capital francesa naquela altura e que tan só agora pode ser coñecido polo público galego.

[Data de comunicación: maio 2023]
Título | Reflejos en las orillas del Sena |
Autoría |
José Pastoriza Soto |
Estudo introdutorio |
Eliseo Fernández Dionisio Pereira |
Obxecto de estudo |
José Pastoriza Soto |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 33 p., 111 p.; 21 cm |
Notas | Contén: 1. Presentación/ Rosario Álvarez,Presidenta do Consello da Cultura Galega; 2. Presentación/ Antonio Rodríguez Miranda, Secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia; 3. Estudo introductorio: José Pastroriza Soto no viacrucis do exilio galego en Francia/ Eliseo Fernández e Dionisio Pereira. 2. Facsímile: Reflejos en las orillas del Sena/José Pastoriza Soto |
ISBN | 978-84-17802-52-3 |
Depósito Legal | C 2180-2022 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Clásicos da emigración |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
A colección Clásicos da Emigración incorpora o poemario de José Pastoriza Soto Reflejos en las orillas del Sena [Data da comunicación: 8/5/2023].