Cara ao ano 570, o rei Miro accedeu ao trono do reino suevo instalado na antiga Gallaecia e encargou ao seu mestre Martiño, arcebispo de Braga, un tratado con leccións para afrontar a vida e o goberno. A breve Formula vitae honestae é un compendio de ética natural fundado nos textos dos grandes autores clásicos. A obra converteuse nunha ferramenta imprescindible na educación dos príncipes europeos da Idade Media e tivo unha extraordinaria difusión, conservándose case setecentas copias latinas nos máis prestixiosos mosteiros, pazos e universidades do continente.
Con esta publicación, o Consello da Cultura Galega quere contribuír a recuperar a memoria dos persoeiros, intelectuais e monarcas, que asentaron un reino recoñecido, ao longo dos séculos e ata hoxe, como un ingrediente decisivo da identidade política e cultural de Galicia. Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia ofrece a tradución ao galego deste tratado, acompañada de traballos de destacados especialistas que poñen en contexto a época e a obra.
Pero ademais, os consellos que Martiño redactou para o rei de Galicia achégannos unha voz nova que enriquece as visións ás veces máis distantes dos datos históricos sobre esa época. Fálannos desde a experiencia da vida e do goberno dun reino, case coma se foran escritos para o mundo de hoxe. A súa lectura contribúe a crear unha relación máis próxima coas xentes que construíron, hai mil cincocentos anos, parte do que hoxe chegamos a ser.

[Data de comunicación: marzo 2023]
Título | Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia |
Autoría |
Rebecca A. Devlin Martiño de Dumio Manuel Gago Anselmo López Carreira Eduardo López Pereira Xosé Antonio López Silva Laura Ranero Riestra José Carlos Sánchez Pardo |
Coordinación |
Manuel Gago |
Deseño |
Pepe Barro |
Ilustración |
Celsius Pictor |
Introdución |
Rosario Álvarez |
Obxecto de estudo |
Martiño de Dumio |
Revisión lingüística |
Beatriz Fariñas Begoña Tajes |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 142 p.: il., cor; 17 cm |
Notas | Libellus martini episcopi ad mironem regem gallitiensem de quatuor virtutibus id est prudentia fortitudine temperantia iustitia. Pequeno libro do bispo Martiño a Miro, rei de Galicia, sobre as catro virtudes: a prudencia, a fortaleza, a temperanza e a xustiza. Universidade de Liexa (Bélxica).Biblioteca. Manuscrito 45 (1101-1125) |
ISBN | 978-84-17802-53-0 |
Depósito Legal | C 461-2023 |
DOI | 10.17075/cluvh.2023 |
Url externa | Catálogo RBG |
Evento |
Xornada. Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega. 11/4/2023. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Consello da Cultura Galega traduce ao galego Como levar unha vida honesta, o manual para príncipes de Martiño de Dumio [Data da comunicación: 17/3/2023].