O Consello da Cultura Galega vén facendo periodicamente informes sobre hábitos e prácticas culturais dende o ano 2008. O presente informe trata de dar continuidade a estes traballos precedentes, a través da descrición das prácticas e hábitos. Comeza coa descrición dos equipamentos culturais, como museos, monumentos e arquivos, seguindo coa lectura e bibliotecas, as artes escénicas, a música, o cine, o vídeo e contidos audiovisuais, a televisión e a radio, o ordenador e a Internet, así como outras prácticas relacionadas co ocio e a cultura. Tamén se abordan as vinculacións coa práctica cultural nas familias. Pecha o informe un apartado sobre a incidencia da COVID-19, e máis especificamente o período do confinamento, no obxecto de estudo. Deste xeito, o informe recolle un amplo e variado conxunto de contidos relacionados coa cultura, para ofrecer unha panorámica completa do tema.


[Data da nota de prensa: febreiro 2023]

Título Hábitos e prácticas culturais
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 96 p.: gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.

Informes precedentes:
Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega. (2008): Ocio e hábitos culturais dos Galegos.

Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2016): Ocio e hábitos culturais I.

Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2016): Ocio e hábitos culturais II. .

Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2020): Hábitos e prácticas culturais en Galicia.

Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2020): Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega.
DOI 10.17075/hpc.2023
Materias
Áreas
Código QR