Este volume recolle os relatorios da xornada Galicia e a Segunda Guerra Mundial que o Consello da Cultura Galega acolleu o 13 e o 14 de abril de 2021. Aquel conflito é un dos momentos centrais da historia da
humanidade e Galicia non foi allea ao enfrontamento. A obra consta de tres seccións. A primeira versa sobre a Galicia do Eixe, é dicir, aqueles aspectos que foron unha contribución ao esforzo bélico do III Reich. Desfilan os traballadores e traballadoras forzadas e voluntarias que alimentaron a máquina de guerra nazi; o papel desempeñado na conflagración pola destacada colonia alemá en Vigo; os galegos da División Azul coas súas experiencias de combatentes, as súas motivacións e a súa extracción social e ideolóxica, así como a febre do volframio, nunha Galicia que concentrou o 29 % da produción hispana.
A segunda sección, Galicia e os aliados, analiza as facetas que contribuíron a favorecer os intereses aliados. Estúdase a conivencia das redes norteamericanas e vaticanas para impedir a influencia nazi na Península; o labor dos servizos de información británicos en Galicia, como posible escenario dun desembarco aliado antes da invasión de Normandía, e finalmente faise unha aproximación á figura de Augusto Assía, rara avis de correspondente anglófilo.
A terceira sección repara na pegada cultural da Segunda Guerra Mundial en Galicia, tanto de maneira directa, a través do seu eco na literatura, como de maneira indirecta, a través da súa ausencia na tentativa de crear a Unión Cultural dos países da Europa Occidental, no exilio londiniense de 1942.
A Segunda Guerra Mundial é un lugar de memoria privilexiado que segue convocando tanto a memoria cambiante e acomodaticia como a historia evolutiva e atenta a cada presente. Un lugar de memoria no
que Galicia, as súas xentes e a súa cultura deixan sinal.

[Data de comunicación: xaneiro 2023]
Título | Entre o Terceiro Reich e os aliados. Galicia e a Segunda Guerra Mundial |
Edición |
Luis Domínguez Castro |
Autoría |
Luis Domínguez Castro Antonio Giráldez Lomba Emilio Grandío Antonio Muñoz Sánchez Xosé M. Núñez Seixas José Ramón Rodríguez Lago Joan-Maria Thomàs Dolores Vilavedra Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 253 p; 24 cm |
Notas | Imaxe da cuberta: O sarxento estradense Lino Nogueira con varios soldados da súa sección e un labrego ruso, fronte de Leningrado, verán de 1942 . (Arquivo privado de Mª Xesús Nogueira, Santiago de Compostela) |
ISBN | 978-84-17802-46-2 |
Depósito Legal | C 1713-2022 |
DOI | 10.17075/etragsgm.2022 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Actas |
Materias | |
Código QR |
-
-
Introdución
Luis Domínguez Castro
-
Introdución
-
Sección I: A Galicia do Eixe
-
Los trabajadores gallegos de la Alemania nazi
Antonio Muñoz Sánchez
10.17075/etragsgm.2022.001 -
La colonia alemana de Vigo en los años de la guerra
Antonio Giráldez Lomba
10.17075/etragsgm.2022.002 -
Os «mariscos» de Rusia. Algunhas notas sobre Galicia e a División Azul
Xosé M. Núñez Seixas
10.17075/etragsgm.2022.003 -
El wolframio: de cuando Galicia era un Near West
Joan-Maria Thomàs
10.17075/etragsgm.2022.004
-
Los trabajadores gallegos de la Alemania nazi
-
Sección II: Galicia e os Aliados
-
Aliados á forza. As redes da vitoria. O Vaticano e os Estados Unidos na Galicia da Segunda Guerra Mundial
José Ramón Rodríguez Lago
10.17075/etragsgm.2022.005 -
Unha guerra nunca declarada. Os servizos británicos en Galicia durante a II Guerra Mundial
Emilio Grandío
10.17075/etragsgm.2022.006 -
Augusto Assía na «Batalla de Inglaterra»
Ramón Villares
10.17075/etragsgm.2022.007
-
Aliados á forza. As redes da vitoria. O Vaticano e os Estados Unidos na Galicia da Segunda Guerra Mundial
-
Sección III: A pegada cultural da Segunda Guerra Mundial en Galicia
NOTICIAS RELACIONADAS
Un libro aborda o papel de Galicia na Segunda Guerra Mundial [Data da comunicación: 5/1/2023].