Esta conxuntura estatística forma parte dunha serie de informes elaborados polo Consello da Cultura Galega dende o primeiro semestre de 2020, co obxectivo de levar a cabo un seguimento detallado da situación do sector cultural galego. No informe que se presenta analízanse os datos máis recentes do sector cultural galego, tras a súa actualización nas diferentes fontes estatísticas, como son os de emprego cultural, afiliacións á Seguridade Social, comercio exterior e intracomunitario, IPC, confianza dos consumidores, creación de empresas, gasto dos fogares galegos, cine e contas económicas trimestrais de Galicia.
[Data de comunicación: outubro 2022]
Título | Conxuntura estatística do ámbito cultural. Outubro de 2022 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 19 p.: gráf., cor. (Edición dixital) |
DOI | 10.17075/ceaco.2022 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Observatorio da Cultura apunta un incremento do gasto familiar en cultura [Data da comunicación: 31/10/2022].