No desterro, o primeiro poemario de Ramón Cabanillas, ve a luz na Habana en 1913 cun limiar de Basilio Álvarez que o consagra como poeta social por excelencia, aínda que en termos estritos os poemas desa índole fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa data entrecrúzanse as súas traxectorias biográficas e, simbolicamente, tamén conflúen tres dos fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galeguismo, a emigración e o agrarismo. A través da biografía e da obra do poeta de Cambados é posible aproximarse a estes tres fíos da historia recente de Galicia, así como o seu reflexo na literatura.

Tamén se tenta profundar na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen, con xustiza ou sen ela, remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.

[Data da nota de prensa: outubro 2022]

Título No desterro
Autoría Ramón Cabanillas
Estudo introdutorio Miguel Cabo Villaverde
Obxecto de estudo Basilio Álvarez
Ramón Cabanillas
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 42, 188 p.; 21 cm
Notas Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación /por Antonio Rodríguez Miranda; 3.- Estudo introdutorio: Agrarismo, literatura e emigración a través da figura de Ramón Cabanillas/ Miguel Cabo Villaverde; 4.- Facsímile: No desterro / Ramón Cabanillas,[introdución de Basilio Álvarez]
ISBN 978‑84‑17802‑44‑8
Depósito Legal C 1097‑2022
CCG. Signatura CCG 2022 5
Url externa Catálogo RBG
Colección Clásicos da emigración
Evento Presentación.
Presentación da edición facsimilar No desterro, de Ramón Cabanillas .
8/9/2022. Casa da Calzada. Cambados
Materias
Áreas
Código QR