María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.
Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosa é a proposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte da historia que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixo vivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súas linguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer un pouco máis libre a nosa.
Título tempo das mareas, O
. María Casares e Galicia
Autoría María Lopo
Obxecto de estudo María Casares
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 2ª edición revisada
Descrición física 219 p.: fot.; 24 cm.
Notas Material gráfico e textual: Arquivo Blanca Campos García, Arquivo De la Fuente, Arquivo Naya – Albertino, Arquivo De Paz – López-Nóvoa, Arquivo do Reino de Galicia, Bibliothèque nationale de France, Fundación Luís Seoane, Institut Mémoires de l’édition contemporaine, Sara Lamas, Claudio Rodríguez Fer.
Cuberta: María Casares (centro). Bastiagueiro, verán de 1935 (IMEC).

O tempo das mareas. María Casares e Galicia rematouse de imprentar por vez primeira en 2016, oitenta anos despois da chegada de María Casares a Francia, e vinte anos despois do seu falecemento na terra que acolleu o seu exilio. Esta segunda edición rematouse de imprentar en 2022, no centenario do seu nacemento.

Dispoñible a 1ª edición, 2016 aqu.
ISBN 978-84-92923-67-0
Depósito Legal C 509-2022
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & investigación
Materias
Áreas
Código QR