O CCG acordou en marzo de 2021 a creación dunha Comisión técnica temporal á que se encomendou a elaboración deste informe para analizar de forma obxectiva, técnica, plural, rigorosa e construtiva o obxecto destas, a realidade do Plan eólico de Galicia, a afección real ao patrimonio natural e cultural, especialmente ás paisaxes culturais, e facelo de maneira propositiva intentando facilitar alternativas que melloren a situación do patrimonio en Galicia, das paisaxes culturais, e minimizando o impacto producido nelas por este tipo de instalacións.

[Data de comunicación: decembro 2021]

Titulo Informe da Comisión Técnica Temporal sobre enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 91 p. : il., cor. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI 10.17075/icttseepc.2021
Colección Informes
Materias
Código QR