Celebramos acontecementos pasados porque dalgún xeito están presentes, como lugares de memoria ou feitos que lle din algo á comunidade, aínda que é moi habitual que a mensaxe que transmite un monumento ou un suceso vaia cambiando no decorrer do tempo, conforme cambia a sociedade e os seus valores e inquedanzas. A Xunta de Melide, que tivo lugar o 4 de decembro de 1520, forma parte, en maior ou menor medida, da memoria de Galicia e, con ocasión da conmemoración do seu quinto centenario na propia vila, a fins do 2020 xurdiu a iniciativa de elaborar e publicar unha obra colectiva na que varios historiadores botasen unha nova ollada sobre a propia asemblea e sobre o seu tempo, pois un suceso desa natureza non se entende sen ter en conta a situación pola que atravesara ou estaba atravesando o reino de Galicia no paso da época medieval á moderna e as decisivas consecuencias políticas da elección imperial do monarca Carlos de Gante e do levantamento dos comuneiros na primavera de 1520.

A publicación deste libro é unha moi boa maneira de celebrar o quinto centenario da Xunta de Melide, pois vailles permitir aos lectores coñecer mellor tanto a importancia da asemblea como os problemas políticos e sociais da época en que tivo lugar, uns reducidos a Galicia e outros derivados dos descubrimentos ultramarinos e da política imperial de Carlos V.


[Data de comunicación: decembro 2021]

Titulo unha voz na metade do reino, A
Cincocentos anos da Xunta de Melide
Edición Pegerto Saavedra Fernández
Autoría Manuel María de Artaza Montero
Xosé Manuel Broz Rei
Xurxo Broz Rodríguez
Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Domingo L. González Lopo
Antonio Presedo Garazo
Ofelia Rey Castelao
María do Carmen Saavedra
Pegerto Saavedra Fernández
Hortensio Sobrado
Cristina Vázquez Neira
Deseño Pepe Barro
Fotografía José Caruncho
Ilustración Alberto Taracido
Limiar Pegerto Saavedra Fernández
Presentación Rosario Álvarez
Miguel Ángel Santalices
Revisión lingüística Cristina Río López
Begoña Tajes
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Parlamento de Galicia, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 284 p.: il., cor; 24 cm
Notas Este libro saíu do prelo o día 4 de decembro de 2021, coincidindo coa celebración do aniversario da Xunta de Melide.
ISBN 978-84-17802-39-4
Depósito Legal C 2103-2021
DOI 10.17075/vmrxm.2021
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR