Pepe de Xan Baña foi un xalleiro emigrante en Cuba. Seminarista, restaurador, articulista, polemista, rapsodo popular, amigo de Curros Enríquez, mestre e persoa implicada no decorrer das institucións galegas da Habana. Os seus contos e poemas popularizáronse de tal maneira que aínda seguen vivos na memoria dos maiores de Xallas, Soneira e Bergantiños.
Xan Baña escribiu numerosos artigos en prensa e dous libros: Vindicación. Vida y milagros de Pepe de Xan Baña en 30 años de Cuba (1921) e Suspiros da terriña (1922). Vindicación é un libro que consta de dúas partes: a primeira é un conxunto de prosas en castelán que teñen como eixe central a figura de Curros e as tensas relacións entre os dirixentes das sociedades galegas.
A segunda, subtitulada Vida e milagros de Pepe de Xan Baña, é un monllo de poemas escritos para seren lidos entre os seus paisanos de Santa Comba. Son poemas saudosos e retranqueiros que constitúen un canto ás súas orixes, á súa terra, á súa toponimia, aos seus paisanos e a seus pais, ademáis dalgún poema en defensa da galeguidade ou de tipo relixioso. O libro remata cun apéndice de retratos de dirixentes das sociedades galegas. Esta segunda parte de Vindicación está escrita nun vizoso galego dialectal da Terra de Xallas, cunha admirable riqueza léxica e fraseolóxica e certas concesións a castelanismos e vulgarismos populares e, tamén, a algúns dialectalismos veciños, todos eles trazos típicos do galego da época.

[Data de comunicación: xullo 2021]

Título Vindicación
Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba
Autoría José Baña Pose
Estudo introdutorio Xosé Henrique Costas González
Obxecto de estudo José Baña Pose
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 55, 223 p.; 21 cm.
Notas Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación /porAntonio Rodríguez Miranda; 3.- Estudo introdutorio: A lingua galega na Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba, de José Baña Pose (1921)/ Xosé-Henrique Costas González; 4.- Facsímile: Vindicación. Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba / José Baña Pose
ISBN 978-84-17802-31-8
Depósito Legal C 816-2021
Url externa Catálogo RBG
Colección Clásicos da Emigración
Materias
Áreas
Código QR