Nos últimos tempos estase a constatar que os incendios forestais afectan cada vez con máis virulencia a edificacións e persoas. Esa interface urbano-forestal, que até hai pouco só illadamente era pasto das lapas, agora vese decote ameazada polos lumes, de tal xeito que a súa protección se converte no obxectivo prioritario das operacións de extinción. Así mesmo, semella que a extensión e a intensidade dos incendios se van incrementando como consecuencia de situacións meteorolóxicas especialmente adversas, que se suman ao amoreamento execesivo de combustibles. Para moitos, o cambio climático pode estar detrás destas novas condicións.
Todo o anterior leva a diversos analistas a indicar que estamos diante dun cambio cualitativo na incidencia e características dos incendios forestais que non fará máis que incrementarse nos próximos anos. Fálase dunha nova xeración de lumes.
Para tratar destes temas, nuns territorios tan castigados polos incendios como son Galicia e Porturgal, o Consello da Cultura Galega organizou un coloquiono mes de xaneiro de 2018 no que se presentaron os relatorios que se recollen nesta publicación.

[Data de comunicación: xuño 2021]
Titulo | Unha nova xeración de lumes? Actas do Coloquio Galaico-Portugués sobre Incendios Forestais |
Coordinación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
Autoría |
Stéfano Arellano-Pérez Francisco Díaz-Fierros Viqueira Cristina Fernández Teresa Fontúrbel Edelmiro López Iglesias Luciano Lourenço Juan Picos Ana Daría Ruiz António Salgueiro José Antonio Vega |
Presentación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 240 p. : il., gráf., cor; 24 cm. |
ISBN | 978-84-17802-29-5 |
Depósito Legal | C 564-2021 |
DOI | 10.17075/unxl.2021 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Actas |
Materias | |
Código QR |
-
-
Presentación
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
-
Incendios forestais en Galicia e Portugal
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
10.17075/unxl.2021.001 -
Os incendios forestais do cambio global xa estan aquí
José Antonio Vega
Cristina Fernández
Stéfano Arellano-Pérez
Teresa Fontúrbel
Ana Daría Ruiz
10.17075/unxl.2021.002 -
Factores estruturais que contribúen ao problema dos incendios en Galicia:
Edelmiro López Iglesias
10.17075/unxl.2021.003 -
Orde e desorde no espazo forestal
Juan Picos
10.17075/unxl.2021.004 -
Lumes na interface urbano-florestal
Luciano Lourenço
10.17075/unxl.2021.005
-
Presentación