No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, rei de Castela, León e Galicia (1252-1284). Coincidindo coa efeméride, o Consello da Cultura Galega presenta a exposición Afonso X e Galicia.
O obxectivo da exposición é presentar a figura real de Afonso X de maneira obxectiva: os seus avatares políticos, o seu labor científico, literario e cultural e a súa relación con Galicia. A nosa proposta é unha peregrinaxe múltiple: un percorrido pola vida do monarca, pola súa obra e pola época afonsina en Galicia a partir de documentos e de testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais. Conta cun especial protagonismo o corpus mariano do Rei Sabio, as Cantigas de Santa María, como manifestación visual e sonora da Idade Media galega e europea e como testemuño do patrimonio lingüístico da lingua galega e a súa importancia no mundo románico medieval.

A edición, a cargo de Antoni Rossell, é a versión textual e multimedia dos contidos desta mostra.

[Data da nota de prensa: xuño 2021]

Título AX-G. Alfonso X and Galicia
Exhibition catalogue - English
Autoría Antoni Rossell
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 108 p.: il., cor (Edición dixital)
Notas Versión do catálogo en galego
Versión do catálogo en español
DOI 10.17075/axgi.2021
Evento Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
15/1/2024. Università di Bologna . Boloña Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
11/12/2023. Univerzita Konštantína Filozofa v Nitra. Nitra, Eslovaquia Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
25/1/2024. Edifici Històric da Universitat de Barcelona. Barcelona Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
4/10/2023. Reitorado da Universidade de Perugia. Perugia Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
8/11/2023. Escola de Música da Universidade Federal do Rio de Janeiro. Rio de Janeiro Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
2/10/2023. Biblioteca da Universidade de Bratislava (Univerzitnej knižnici v Bratislave). Bratislava Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
13/9/2023. Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH. São Paulo Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
17/4/2023. Edificio Marco Polo, Universitá di Roma, Sapienza. Roma Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
9/2/2023. Instituto Cervantes . Cracovia
Materias
Áreas
Código QR