Con data 29 de abril de 2021 recibiuse no Consello da Cultura Galega solicitude da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dun informe relativo ao topónimo Ría de Ribadeo, trala comunicación á Xunta de Galicia feita pola Dirección General del Instituto Geográfico Nacional, dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, notificando a solicitude de cambio de nome oficial presentada polo Principado de Asturias, o inicio do procedemento administrativo e a apertura do prazo de alegacións.

O Consello da Cultura Galega, como órgano estatutario de alta asesoría creado para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, está expresamente recollido na LEI 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia: “O Consello da Cultura Galega, en virtude do establecido no artigo 32 do Estatuto de Autonomía e do artigo 6.a da Lei 8/1983, do 8 de xullo, é o máximo órgano de asesoramento e consulta dos poderes públicos da Comunidade Autónoma. A consellaría competente en materia de patrimonio cultural someterá ao seu ditame aqueles asuntos de especial relevancia, sen prexuízo das competencias do Consello Consultivo de Galicia e doutros órganos de consulta” (Art. 7,1).

En virtude desas competencias e a requirimento da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, emite o seguinte informe, aprobado pola súa Comisión Executiva con data de 3 de maio de 2021.

[Data da nota de prensa: maio 2021]

Título Informe sobre o topónimo Ría de Ribadeo
Publicación Santiago: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 5 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Materias
Áreas
Código QR