Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2021 en homenaxe a Xela Arias, o Consello da Cultura Galega publica Non te amola!.
Os 16 contos que compoñen esta obra foron escritos arredor dos anos 1990 ou 1991, cando Xela contaba con case 30 anos de idade.
É un relato das experiencias da autora, que se introduce como unha nena de nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que ás veces poden ser o mellor do día.
Chega acompañado de estudo crítico a cargo da profesora Ana Iglesias e de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores.

Título | ¡Non te amola! |
Autoría |
Xela Arias |
Estudo introdutorio |
Ana Iglesias |
Ilustración |
Bea Gregores |
Limiar |
Rosario Álvarez |
Obxecto de estudo |
Xela Arias |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 99 p.: il., cor; 21 cm |
Notas | Libro con estoxo. Edición numerada. Homenaxe á escritora Xela Arias no ano 2021, ano dedicado á súa memoria. Contén: 1. Limiar por Rosario Álvarez; 2. Estudo: En diálogo con Xela por Ana Iglesias; 3. Un alfabeto para Xela; 4. ¡Non te amola! por Xela Arias |
ISBN | 978-84-17802-30-1 |
Depósito Legal | C 583-2021 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |