No mundo existen na actualidade máis de 6000 linguas que son faladas por comunidades que viven en 195 países recoñecidos internacionalmente. En consecuencia, contra unha visión que propugna o monolingüismo como normalidade lingüística, resulta obrigado concluír que o contacto de linguas e variedades non é unha anormalidade, senón que é un feito inevitable e unha constante na historia das comunidades humanas. Neste sentido, a situación do galego e a das outras linguas peninsulares non resulta singular nin extraordinaria. Sen irmos máis lonxe, no ámbito ibérico dáse contacto entre as variedades orixinarias (galego, castelán, asturiano, portugués, vasco, aranés, catalán, aragonés etc.) e entre estas e outras faladas por inmigrantes, os seus descendentes e residentes estranxeiros (romanés, árabe, alemán, wu, quechua etc.).

Neste volume reúnense sete traballos que abordan a análise de diferentes situacións de contacto de variedades lingüísticas peninsulares desde distintas perspectivas. Nun grupo de traballos estúdanse as consecuencias do contacto entre variedades identificadas como linguas e con distintas relacións de semellanza (galego, castelán, vasco, catalán, mirandés, portugués, asturiano), noutro preséntase a análise da confluencia de variedades relacionadas cunha mesma lingua (galego urbano, galego tradicional, castelán estándar, sociolectos andaluces etc.). As análises son realizadas desde diferentes modelos teóricos e reparando en distintos aspectos do sistema lingüístico. O conxunto de contribucións axuda a entender mellor a complexidade dos procesos de contacto e a recoñecer o interese destas investigacións para o avance do coñecemento lingüístico.

[Data da nota de prensa: novembro 2020]

Título Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
Edición Francisco Dubert
Vítor Míguez
Xulio Sousa
Autoría Alba Aguete Cajiao
Ramón de Andrés
Alberto Gómez Bautista
Sara Gómez Seibane
Carsten Sinner
Victoria Vázquez Rozas
Matilde Vida-Castro
Limiar Francisco Dubert
Vítor Míguez
Xulio Sousa
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª edición
Descrición física 220 p. : map. ; 24 cm
ISBN 978-84-17802-23-3
Depósito Legal C 889-2020
DOI 10.17075/vlcpi.2020
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & Investigación. Serie Lingüística
Materias
Áreas
Código QR
Gabinete de comunicación

Unha publicación analiza as conexións entre as linguas ibéricas [Data da nota: 27/11/2020].