Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romanizadas, pero con fondas pegadas celtas. Son terras de granito e con extensas orlas marítimas, de chuvias atlánticas empuxadas por «ventos mareiros», que están caracterizadas por uns trazos culturais de gran paralelismo, desde os monumentos megalíticos ata os cruceiros e calvaires, as gaitas e cornamusas, as romarías e un sentimento da terra case panteísta, alén dunha fonda relixiosidade. Por iso se considerou Galicia como unha «Bretaña española», o que, á inversa, se lle podería aplicar tamén á península bretoa, de modo que nunca houbo fronteiras que arredasen estes dous territorios, nin por terra nin por mar. Non obstante, estas semellanzas e mesmo as relacións intermitentes que desde a prehistoria se estableceron entre a península armoricana e Galicia non abondaron para superar un descoñecemento mutuo.
Co propósito de remediar esta ausencia foron pensadas as xornadas realizadas no outono de 2017, concibidas cunha perspectiva comparada e como primeiro paso para sucesivas aproximacións. Nesta publicación recóllense os relatorios daquel encontro, no que dous dos editores deste libro (Botrel e Villares) se achegan ao estado da cuestión e unha selecta nómina de investigadores e investigadoras de universidades galegas e bretoas afrontan estudos comparados no campo da historia agraria (Jarnoux e Saavedra), da política no medio rural (Cabo), do nacionalismo político (De Juana e Carney) da identidade (Núñez Seixas e Le Coadic), da xeografía (Lois e David) e da literatura (Nogueira, Rivalan, Requeixo e Lama). No campo literario, prestouse unha atención especial ao escritor Álvaro Cunqueiro, un autor que foi capaz de escribir a novela As crónicas do sochantre, de puro ambiente bretón, sen nunca estar na Bretaña, para comprobar, cando máis tarde alí viaxou, que maxín literario e realidade eran case a mesma cousa.

Título | Galicia-Bretaña Olladas Comparadas |
Edición |
Ramón Villares Jean François Botrel Christine Rivalan Guégo |
Autoría |
Jean François Botrel Miguel Cabo Villaverde Sébastien Carney Olivier David Philippe Jarnoux Jesús de Juana María Xesús Lama López Ronan Le Coadic Rubén C. Lois González María Xesús Nogueira Xosé M. Núñez Seixas Armando Requeixo Christine Rivalan Guégo Pegerto Saavedra Fernández Ramón Villares |
Limiar |
Rosario Álvarez |
Tradución |
Cristina Río López |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 349 p.; 24 cm. |
ISBN | 978-84-17802-20-2 |
Depósito Legal | C 881-2020 |
DOI | 10.17075/gboc.2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Actas |
Evento |
Congreso. Galicia-Bretaña Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterrae europeos. 30/10/2017. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Código QR |
-
-
Limiar
Rosario Álvarez
-
Limiar
-
Parte primeira
-
Parte segunda
-
A BRETAÑA: UNHA PENÍNSULA ATLÁNTICA NA EUROPA DO ANTIGO RÉXIME (SÉCULOS XV-XIX)
Philippe Jarnoux
10.17075/gboc.2020.003 -
GALICIA E BRETAÑA: DÚAS SOCIEDADES DE ANTIGO RÉXIME
Pegerto Saavedra Fernández
10.17075/gboc.2020.004
-
A BRETAÑA: UNHA PENÍNSULA ATLÁNTICA NA EUROPA DO ANTIGO RÉXIME (SÉCULOS XV-XIX)
-
Parte terceira
-
O GALEGUISMO E O EMSAV: DOUS MOVEMENTOS REXIONALISTAS
Jesús de Juana
10.17075/gboc.2020.005 -
DA RELIXIÓN CONTRA A RAZA Á RELIXIÓN DA RAZA. OUTRA LECTURA DO NACIONALISMO BRETÓN A COMEZOS DO SÉCULO XX
Sébastien Carney
10.17075/gboc.2020.006 -
A POLÍTICA NO CAMPESIÑADO DO OESTE
Miguel Cabo Villaverde
10.17075/gboc.2020.007 -
A IDENTIDADE COLECTIVA EN GALICIA NO ESPELLO BRETÓN (SÉCULOS XIX E XX): UNHA INTERPRETACIÓN
Xosé M. Núñez Seixas
10.17075/gboc.2020.008 -
CONSTRUCIÓN DA IDENTIDADE NA BRETAÑA DE HOXE
Ronan Le Coadic
10.17075/gboc.2020.009
-
O GALEGUISMO E O EMSAV: DOUS MOVEMENTOS REXIONALISTAS
-
Parte cuarta
-
AS BRETAÑAS NO PARATEXTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
María Xesús Nogueira
10.17075/gboc.2020.010 -
LAS CRÓNICAS DEL SOCHANTRE. HISTORIA DUNHA «MODIFICACIÓN» GALEGA NA BRETAÑA
Christine Rivalan Guégo
10.17075/gboc.2020.011 -
AS BRETAÑAS DE CUNQUEIRO
Armando Requeixo
10.17075/gboc.2020.012 -
VIAXE POLA BRETAÑA DE CUNQUEIRO. UNHA CARTOGRAFÍA CULTURAL UBICUA
María Xesús Lama López
10.17075/gboc.2020.013
-
AS BRETAÑAS NO PARATEXTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
-
Parte quinta