Esta publicación recolle as actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, celebrado en Pontevedra en xullo de 1997.
Que Galicia foi e é un país cun importantísimo potencial humano e económico adicado ás actividades relacionadas co mundo do mar é innegable. Chegue con dicir -sen entrar agora nos aspectos do marisqueo ou da acuicultura-, que ocupa o primeiro lugar, en canto o total de tonelaxe das embarcacións, de entre todos os estados que conforman a U.E (270577 t fronte ás 259981 que ten Italia, a segunda na lista). Pero, por coñecidas razóns, os investigadores, tanto historiadores como antropólogos, case sempre se mantiveron de costas a esta importantísima faceta de realidade galega. Isto foi o que motivou á Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega a organizar un simposio que servira de revulsivo á comunidade científica galega. Acordouse adicalo á memoria de D. Xosé Filgueira Valverde, Presidente que foi do Consello e estudioso dos mareantes da súa ben amada Pontevedra.

Título | Antropoloxía Mariñeira Actas do Simposio Internacional in Memoriam Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 10-12 de xulio, 1997 |
Coordinación |
Francisco Calo Lourido |
Autoría |
Fernando Alonso Romero Inês Amorim Bernard Cadoret Francisco Calo Lourido Francisco Fariña Busto Xosé Antón Fidalgo Santamariña Antonio Fraguas Xosé Fuentes Antonio García Allut Kellie Christine Germond Clodio González Pérez Xosé Manuel González Reboredo Helena Lopes Alejandro Miquel Novajra Staffan Mörling Paulo Nunes Lopes Xosefa Otero Patiño José Pascual Fernández Juan Oliver Sánchez Fernández Teresa Soeiro |
Presentación |
Francisco Calo Lourido Antonio Fraguas |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Antropoloxía Cultural, 1998 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 361 p. : 24 cm |
ISBN | 84-87172-37-7 |
Depósito Legal | C. 1.947-1998 |
CCG. Signatura | CCG 1998 129 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |