No centenario do nacemento do mestre gaiteiro Ricardo Portela (Viascón, 1920-1992), o Consello da Cultura Galega presenta esta obra que pon a disposición pública os segredos do mestre, por vontade do autor e coa xenerosa intervención de Carlos Núñez.

Este libro é moito máis ca unha merecida homenaxe a unha figura crucial na historia moderna da gaita galega. Carlos Núñez, ademáis dos apontamentos biográficos, fai unha análise pormenorizada das claves do estilo e técnica interpretativa do mestre de Viascón, e recolle as transcricións do seu repertorio. O resultado é un extenso corpus de máis de corenta obras, entre as que están todas as melodías emblemáticas da gaita galega.

[Data de comunicación: xullo 2020]

Título Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro.
Vivencias, transcricións e análise
Autoría Carlos Núñez
Edición Fernando Fraga
Introdución Carlos Núñez
Limiar Rosario Álvarez
Carlos Núñez
Álvaro Torrente
Obxecto de estudo Ricardo Portela
Revisión lingüística Alba Cid
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 199 p. , [41 partituras]: il., fot.
Notas Contén: 1.- Prólogos (p. 8). 2.- De gaiteiro a gaiteiro. Vivencias, trasnscricións e análise (p. 22). 3.- Transcricións [partituras] (p. 124).
ISBN 978-84-17802-19-6
Depósito Legal C 677-2020
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR