O avance da crise provocada pola aparición do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19, o mantemento do estado de alarma en toda España e o confinamento da sociedade preocúpalles aos responsables do sector da música popular de Galicia. O feito de tratarse dunha actividade cunha compoñente elevada de socialización e que, ademais, concentre gran parte da actividade arredor da primavera e o verán, supón que sexa un sector especialmente vulnerable a esta crise. Neste traballo recóllense as análises dos responsables das principais asociacións profesionais e gremiais que compoñen o sector da música popular de Galicia, así como unha descrición da situación antes da chegada da crise provocada polo coronavirus e un resumo das principais reivindicacións do sector e da resposta da Administración.
Título | sector da música popular en Galicia perante a crise da COVID-19, O |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 44 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/smpgpcc.2020 |
Materias | |
Código QR |