No presente libro abórdase un percorrido pola traxectoria vital e artística do compositor santiagués Luis Rafael Brage Villar (1886-1959), quen estivo vinculado á maior parte dos ámbitos musicais de Galicia durante o primeiro terzo do século XX: pianista solista e acompañante, membro de agrupacións camerísticas, director de tuna, orfeón e banda de música, dinamizador cultural e pedagogo, entre outros. Ademais, foi herdeiro dos ideais rexionalistas e un bo coñecedor dos principais discursos identitarios e intelectuais xerados ata 1936, destacando a súa relación con algúns membros das Irmandades da Fala. Pero, sen dúbida, despuntou polo seu labor como director da banda de música La Lira de Ribadavia, unha actividade que o converteu nun auténtico mito musical e que marcou a etapa central da súa vida. O libro compleméntase con dous anexos: por un lado, o catálogo máis completo posible do autor e, por outro, a recuperación de tres das súas obras para banda de música:

Boris
marcha de procesión
Descargar partitura
O botafumeiro
Pasodobre
Descargar partitura
O gaiteiriño
«cousa galega»
Descargar partitura

[Data da nota de prensa: maio 2020]

Título Luis R. Brage Villar
Obra e memoria
Autoría David Ferreiro Carballo
Limiar Luís Costa Vázquez
Música. Composición Luis R. Brage Villar
Obxecto de estudo Luis R. Brage Villar
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 349 p.: il., fot.; 24 cm.+ 1 CD
Notas Anexos:
  1. Partitura da marcha de procesión «Boris»
  2. Partitura do pasodobre «O botafumeiro»
  3. Partitura da “cousa galega” «O gaiteiriño»
ISBN 978-84-17802-10-3
Depósito Legal C 524-2020
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Evento Presentación.
Luis R. Brage Villar. Obra e memoria. Presentación da publicación
9/5/2022. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. Vigo
Materias
Áreas
Código QR

Luis Brage foi un prolífico compositor e unha persoa polifacética. O CCG publica Luis R. Brage Villar. Obra e memoria de David Ferreiro, quen neste vídeo nos aproxima á obra dun músico de oficio que soubo adaptar e difundir a identidade musical galega. A publicación contén tres das partituras gardadas na casa de Brage en Ribadavia que abandonou en 1936, e que só se atoparon case oitenta anos despois.