«Ferrol 1916» é o poema de Ricardo Carballo Calero escollido por Miguel Brotóns (Alacant 1965), tamén ferrolán de adopción e recoñecido autor entregado a musicar poemas, entre eles obras dunha ampla nómina de figuras relevantes da literatura galega de varias xeracións. Esta obra foi editada polo Consello da Cultura Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2020.
Título | Ferrol 1916 Impromptu Fantasía para soprano e piano |
Música. Composición |
Miguel Brotóns |
Presentación |
Rosario Álvarez |
Textos |
Ricardo Carballo Calero |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 29 p.; 30 cm |
Notas | Contén: Limiar/ Rosario Álvarez (p.8); Poema «Ferrol 1916»/Ricardo Carballo Calero (p. 10); Ferrol 1916 (Impromptu Fantasía)/ Miguel Brotóns (p. 12); Partitura (p.14).--Na cuberta: Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero. Homenaxe do Consello da Cultura Galega. |
ISMN | 979-0-9013197-8-3 |
Depósito Legal | C 709-2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Evento |
Concerto. Ferrol, 1916: homenaxe a Ricardo Carballo Calero. Concerto Ferrol, 1916 e presentación libro Farsa das zocas 14/10/2020. Teatro Jofre. Ferrol |
Materias | |
Código QR |
"Ferrol 1916" é un poema de Ricardo Carballo Calero que forma parte da súa obra "Futuro incondicional". Este texto no que Carballo Calero evoca a súa nenez serviu de base para a composición homónima realizada por Miguel Brotóns (Alacant, 1965). Neste atípico 17 de maio ofrecemos a estrea absoluta desta peza interpretada polo pianista Alejo Amoedo e pola soprano Patricia Rodríguez Rico. Este compositor afincado en Ferrol desde hai dócadas quixo transmitir "baixo unha estética musical de corte neoclásico e posromántico con pinceladas de nostalxia, agarimo e tenrura, os recordos pretéritos do paraíso perdido da infancia do poeta vividos na súa cidade natal de Ferrol".
Impromptu Fantasía para soprano e piano
Poema: Ricardo Carballo Calero
Música: Miguel Brotóns
Intérpretes
Soprano: Patricia Rodríguez Rico
Piano: Alejo Amoedo Portela
Consello da Cultura Galega
Impromptu Fantasía para soprano e piano
Poema: Ricardo Carballo Calero
Música: Miguel Brotóns
Intérpretes
Soprano: Patricia Rodríguez Rico
Piano: Alejo Amoedo Portela
Consello da Cultura Galega