O presente disco está integrado por gravacións históricas do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 – Mar del Plata, 1959). As fontes destes rexistros son varios discos e bobinas que, xunto con outros importantes materiais, foron doados polo seu fillo menor á Universidade de Santiago de Compostela en maio do 2017. O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Organistrum da USC editan este CD no que se inclúen 14 números con obra de Andrés Gaos: a de piano interpretada polo propio autor e a de violín (a excepción da Sonata op. 37) polo seu alumno Víctor Hormaechea.

[Data da nota de prensa: maio 2020]

Título Andrés Gaos
Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Música. Composición Andrés Gaos
Música. Interpretación Andrés Gaos
Deseño Ricardo Cabanelas
Dirección Montserrat Capelán
Fotografía Tono Arias
Música. Interpretación Víctor Hormaechea
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª edición
Descrición física 1 CD + folleto
Notas Contén: Obra para piano/ Int. Andrés Gaos Berea: Hispánicas: 1.- Muiñeira [2’55’]; 2.- Zortzico [4’02’’]; 3.- Romanza [3’49’’]; 4.- Himno del centenario [2’09’’]; 5.- Preludio [3’10’’]. Nuevos aires gallegos: 6.- Canción [1’12’’]; 7.- Berceuse [2’35’’]; 8.- Danza [1’18’’]; 9.- Alalá [1’27’’]. --Obra para violín e piano: 10.- Muiñeira [4’03’’]/ Int. Victor Hormaechea,violín. Andrés Gaos fillo, piano; 11.- Habanera [5’18’’]/ Int. Víctor Hormaechea, violín. Norberto Grosso, piano; 11.- Romanza [6’53’’]/ Int. Víctor Hormaechea, violín. Norberto Grosso, piano. Sonata para violín e piano op. 37: 13.-Allegro con brío [11’36’’]/ Intérpretes descoñecidos; 14.- Alegro moderato [14’29’’]/ Intérpretes descoñecidos.
Depósito Legal C 313-2020
Url externa cd-audio
Evento Presentación.
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas.
2/11/2020. Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, USC. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR
# Pista
1 «Muiñeira». Hispánicas
2 «Zortzico». Hispánicas
3 «Romanza». Piano
4 «Himno del Centenario»
5 «Preludio Op.16»
6 «Canción». Nuevos aires gallegos
7 «Berceuse». Nuevos aires gallegos
8 «Danza». Nuevos aires gallegos
9 «Alalá». Nuevos aires gallegos
10 «Muiñeira». Obra para violín e piano
11 «Habanera». Obra para violín e piano
12 «Romanza». Violín e piano
13 «Allegro con brío». Sonata Op. 37
14 «Alegro moderato». Sonata Op.37

Obras para piano e violín é o título dun disco que integra gravacións históricas do compositor, violinista e docente galego Andrés Gaos. Un traballo que repousaba en discos e bobinas que o seu fillo doou á Universidade de Santiago de Compostela. O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Organistrum acaban de editar un CD que pon a disposición do público estes materiais. Neste vídeo, o pianista e profesor do Conservatorio Profesional de Vigo, Alejo Amoedo explica as claves, singularidade e valor engadido deste disco que permite escoitar a Andrés Gaos interpretar as súas pezas.

Edita: Consello da Cultura Galega; Colaboran: Afundación, Amigos da Ópera de Santiago, Concello da Coruña, Concello de Santiago, Corporación de Radio e Televisión de Galicia, Deputación da Coruña, Organistrum Grupo de Investigación, Ministerio de Economía e Competitividade, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia; Gravacións orixinais inéditas: Fondo Andrés Gaos, Biblioteca América-Universidade de Santiago de Compostela; Restauración dixital e masterización: Isaac D. Raimundo (INET-Universidade Nova de Lisboa); Dirixe: Montserrat Capelán; Produce: aCentral Folque