No ano 2012 saíu do prelo o libro colectivo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), convertido agora en primeiro dunha obra en dous volumes, ambos compilados por Ramón Máiz. O primeiro volume recollía 28 textos elaborados para ser presentados e debatidos en sesións periódicas que se desenvolveron no Consello da Cultura Galega ata 2010. Este segundo volume reúne 24 contribucións producidas, no mesmo ciclo e contexto, durante os anos 2010-2017. Recolle un debate coral, co contributo de vinte e cinco intelectuais que poñen o foco sobre o concepto plural de cultura para nos mostraren con olladas diversas as moitas maneiras de entendela, e as súas implicacións. Parten xa de inicio de que o concepto de cultura non é nin estático nin atemporal, pois está en constante mutación diacrónica e diatópica, transformándose ao fío da globalización e das mobilizacións arredor do pluralismo cultural, abalando entre o individualismo e o comunitarismo. A galería de textos ábrese co capítulo de Ramón Máiz, «Cultura, sentido e política», que tamén dá título ao volume, para situar o marco teórico das reflexións sobre as mudanzas actuais do concepto, á luz das tendencias e avances da ciencia social contemporánea.
[Data de comunicación: abril 2020]
Titulo | Cultura, sentido e política O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II |
Compilación |
Ramón Máiz Suárez |
Autoría |
Ana Abad Carlés Isabel Burdiel Victoria Camps Bartolomé Clavero Geneviève Fraisse Rafael Grasa Montserrat Guibernau Antonio Izquierdo Joep Leerssen Iván Llamazares Javier de Lucas Ramón Máiz Suárez Luis Moreno Francisco Moscoso Anthony Pagden Francisco Panizza Carmen Pena Jorge Riechmann Rosa María Rodríguez Magda William Shea Carlos de la Torre Patrizia Violi Lisa Wedeen Nira Yuval-Davis |
Presentación |
Rosario Álvarez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 553 p.; 24 cm. |
Notas | A Fermín Bouza Álvarez (1946-2016), in memoriam |
ISBN | 978-84-17802-11-0 |
Depósito Legal | C 2428-2019 |
DOI | 10.17075/csp.2019 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigación |
Materias | |
Código QR |
-
-
Presentación
Rosario Álvarez
-
Cultura, sentido e política
Ramón Máiz Suárez
10.17075/csp.2019.001 -
A interseccionalidade situada e os significados da cultura
Nira Yubal-Davis
10.17075/csp.2019.002 -
Ver e saber : a contradición das igualdades
Geneviève Fraisse
10.17075/csp.2019.003 -
Como é que non hai un dereito humano á túa propia cultura?
Bartolomé Clavero
10.17075/csp.2019.004 -
Ideoloxía e humor en tempos escuros : notas desde Siria
Lisa Wedeen
10.17075/csp.2019.005 -
Historia, Literatura, Biografía : os espazos dun diálogo
Isabel Burdiel
10.17075/csp.2019.006 -
Cara a unha cultura da sustentabilidade (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da gran proba)
Jorge Riechmann
10.17075/csp.2019.007 -
O lugar das emocións na política
Victoria Camps
10.17075/csp.2019.008 -
A polémica entre Camus e Sartre : razóns dun desacordo
Rosa María Rodríguez Magda
10.17075/csp.2019.009 -
O novo sistema internacional e os retos do Humanitarismo : a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política
Rafael Grasa
10.17075/csp.2019.010 -
A política inmigratoria española no novo escenario : consideracións e propostas
Antonio Izquierdo
10.17075/csp.2019.011 -
Os refuxiados na era de Trump : un problema político, non unha crise humanitaria
Javier de Lucas
10.17075/csp.2019.012 -
A pertenza : símbolos e rituais da nación
Montserrat Guibernau
10.17075/csp.2019.013 -
Espertares nacionais, soños étnicos : os mitos europeos e o rexurdimento
Joep Leerssen
10.17075/csp.2019.014 -
Lembrar o futuro : os museos da memoria e o seu rol na construción das identidades culturais
Patrizia Violi
10.17075/csp.2019.015 -
Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea
Carmen Pena
10.17075/csp.2019.016 -
De que falamos cando falamos do populismo? Máis populista será a túa avoa!
Francisco Panizza
10.17075/csp.2019.017 -
A dereita radical populista e a integración europea : análise comparativa dos vínculos entre partidos e votantes
Iván Llamazares
Margarita Gómez-Reino
10.17075/csp.2019.018 -
O populismo radical : entre as promesas de democratización e o autoritarismo
Carlos de la Torre
10.17075/csp.2019.019 -
Individualismo posesivo e Europa asocial
Luis Moreno
10.17075/csp.2019.020 -
Da monarquía católica á república virtuosa : o imaxinario político na creación do mundo iberoamericano
Anthony Pagden
10.17075/csp.2019.021 -
Historia cultural da ambición : políticos e tolos nos inicios do mundo contemporáneo
Javier Moscoso
10.17075/csp.2019.022 -
Escavando túneles : a danza nos albores do século XXI
Ana Abad Carlés
10.17075/csp.2019.023 -
Ciencia e relixión : unha historia de guerra?
William Shea
10.17075/csp.2019.024
-
Presentación