Este informe continúa coa liña de traballo iniciada, no ano 2007, polo Consello da Cultura Galega a través do Observatorio da Cultura Galega coa finalidade de analizar a influencia de diferentes variables no comportamento e desenvolvemento da actividade cultural galega. Entre as variables estudadas, a perspectiva de xénero amósase como unha das máis necesarias na investigación do ámbito cultural porque serve para poñer de manifesto as desigualdades existentes e, dese xeito, abre a posibilidade de deseñar políticas de intervención para corrixilas. Co obxecto de cubrir este baleiro de información, asinouse un convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade co fin de posibilitar a realización das actividades necesarias para a elaboración deste informe.
O obxectivo principal deste traballo é investigar empiricamente a situación sociolaboral das traballadoras nos sectores das artes escénicas e audiovisuais en Galicia. Por unha banda, persegue analizar as diferenzas nas principais características do emprego dos afiliados e afiliadas ás artes escénicas e ao eido audiovisual a través dos datos da Seguridade Social no referente a estabilidade laboral, tempo traballado, salarios e bases de cotización; e, por outra, estudar a vida laboral das diferentes profesionais do mundo cultural do sector audiovisual e das artes escénicas en Galicia segundo o seu itinerario profesional, que permita contrastar as diferenzas por sector e categoría laboral entre homes e mulleres.
Título situación das traballadoras dos sectores audiovisual e das artes escénicas en Galicia, A
Coordinación Håkan Casares
Equipo técnico Purificación Carballo Pérez
María Concepción Díaz-Fierros
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición
Descrición física 94 p.: gráf., cor. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI 10.17075/dt.stsaaeg.2019
Materias
Áreas
Código QR