Con esta obra o Consello da Cultura Galega presenta ao público a Colección Clásicos da Emigración, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.
O libro de Ramón Castro López La emigración en Galicia, publicado por primeira vez na cidade da Coruña no ano 1923 nas prensas do xornal herculino El Noroeste, é un texto que desde a primeira páxina se declara a contracorrente da visión hexemónica, aquela que o autor «leía en muchas publicaciones», pero que consideraba que coñecía mal o problema migratorio.

[Data da nota de prensa: xullo 2019]

Título emigración en Galicia, La
Autoría Ramón Castro López
Estudo introdutorio Ramón Villares
Presentación Rosario Álvarez
Antonio Rodríguez Miranda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición
Descrición física 28, 148 p; 21 cm
Notas Contén: 1.- A emigración galega contada por un cura de aldea / [estudo introductorio de] Ramón Villares. 2.- La emigración en Galicia/ Ramón Castro López
ISBN 978-84-17802-06-6
Depósito Legal C 1172-2019
Url externa Catálogo RBG
Colección Clásicos da Emigración
Evento Presentación.
Presentación "La emigración en Galicia".
17/7/2019. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR