A edición deste fondo documental é o resultado dun traballo de varias décadas que só a tenacidade dun investigador como Ramón Lorenzo podería soportar. El
relembra no texto introdutorio como ven de vello o seu interese por esta documentación e o moito traballo que lles levou a el e ao seu equipo colaborador a lectura e transcrición dos cerca de dous milleiros de documentos, escritos en varios tipos de letras. Trátase dunha obra que só se pode entender como un proxecto a longo
prazo, no que debe primar o resultado final, por afastado que puidera parecer no inicio. Para o Consello da Cultura Galega é un obxectivo de carácter prioritario
atender este tipo de traballos de longo alento. Desde finais dos anos oitenta, comezouse a preparar a edición das Fontes documentais para a historia de Galicia, na que foron publicadas case dúas ducias de obras promovidas directa ou indirectamente polo Consello da Cultura Galega. Faltaba unha das máis ambiciosas, a documentación de Montederramo, e aquí a está a disposición das persoas investigadoras das máis variadas disciplinas (filoloxía, historia, arqueoloxía, dereito…).

Título | Colección documental do mosteiro de Montederramo |
Autoría |
Ramón Lorenzo Vázquez |
Colaboración |
Maka Pérez |
Índices |
Pilar Rodríguez Suárez Mercedes Vázquez Bertomeu Silvia Viso Pérez |
Introdución |
Ramón Lorenzo Vázquez |
Presentación |
Rosario Álvarez Valentín García Gómez Ernesto González Seoane Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 3 v. ; 24 cm |
Notas | Edición en papel sen índices. Hai unha edición ampliada en papel+CD e publicada en 2019, Mosteiro de Montederramo: colección documental e índices. |
ISBN | 978-84-92923-69-4 |
Colección | Gallaeciae Monumenta Historica |
Evento |
Presentación. Presentación do libro "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices". 17/9/2019. Mosteiro de Santa María de Montederramo. Montederramo |
Materias |