Esta publicación recolle textos do sabio alemán Humboldt que teñen relación cos dez días que pasou en A Coruña antes da súa partida cara a América, diversos estudos sobre a súa figura, sobre A Coruña da época e sobre a pegada deste pensador nos científicos galegos.
O Consello da Cultura Galega quixo conmemorar así o feito singular de que Galicia foi a derradeira terra europea que acolleu e despediu a Humboldt hai douscentos anos na viaxe que deu orixe, posiblemente, ao feito máis trascendente na construcción do seu sistema de pensamento científico. Para iso acordouse recoller nun libro aqueles textos de Humboldt que teñen relación cos dez días que o bloqueo inglés do porto o fixo permanecer en Galicia antes da súa partida; que se complementan con diversos estudios sobre a figura do sabio alemán, da Coruña da época e das pegadas que os seus traballos deixaron nos científicos galegos.

Título | Un novo mundo para un home universal Partida de Humboldt desde A Coruña cara a súa viaxe americana |
Coordinación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira Daniel Rozados |
Autoría |
Xosé Ramón Barreiro Fernández Francisco Díaz-Fierros Viqueira Xosé Antón Fraga Alexander von Humboldt Perfecto Yebra |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Patrimonio Natural, 1999 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 146 p. : il. cor ; 24 cm. |
ISBN | 84-87172-43-1 |
Depósito Legal | C 863-1999 |
CCG. Signatura | CCG 1999 158 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |