Os fondos pictóricos do MGACM, xunto co edificio que os alberga, recollen un conxunto artístico e arquitectónico único pola calidade das obras que a compoñen e polo alcance simbólico e representativo da evolución da arte contemporánea galega dos últimos tempos.
Coa finalidade de verificar oficialmente con criterios científicos, académicos e técnicos a recoñecida relevancia dos mesmos, e o seu coherente tratamento e
consideración, de xeito que quede acreditado, con todas as garantías xurídicas necesarias, que estamos ante uns valores culturais que, como conxunto, merecen o alto grao de protección, o Consello da Cultura Galega elabora este informe de cara a preservar a integridade da colección e o seu acceso para o estudo e gozo por parte de toda a sociedade galega.

[Data da nota de prensa: xaneiro 2018]

Título Informe sobre o valor patrimonial do conxunto artístico e arquitectónico integrante do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside (O Castro-Sada)
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 15 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI Carece
Materias
Código QR