Este informe fai un percorrido pola historia do Centro Gallego de Bos Aires dende a súa creación. O Consello da Cultura Galega, alén de manifestar a súa fonda preocupación pola situación en que está inmerso na actualidade, entende que se deben desenvolver actuacións concretas para salvagardar o patrimonio cultural (artístico, documental, bibliográfico, musical e hemerográfico) que custodia o Centro porque constitúe un legado imprescindible que, como tal, merece ter o máis alto grao de protección xurídica que garanta a súa integridade e a súa conservación no futuro, en canto relevante manifestación material e inmaterial (mesmo simbólica) da cultura de Galicia.

[Data da nota de prensa: xaneiro 2018]

Título Informe sobre os fondos patrimoniais e culturais do Centro Gallego de Bos Aires
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 9 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Materias
Áreas
Código QR