O seguinte documento presenta información relacionada coa actividade da música en Galicia e estrutúrase en dous bloques fundamentais: a música clásica e a música popular. O informe está conformado por unha serie de indicadores cos que se pretende dar unha visión precisa sobre o panorama musical galego: número de concertos, espectadores, recadación ou gasto medio por espectador, entre outros. Co fin de obter unha percepción máis obxectiva, o documento amosa, ademais, unha comparativa territorial, tanto co resto das comunidades autónomas de España como coa media estatal, á vez que se establece unha análise da evolución temporal dos datos.
[Data de comunicación: xullo 2017]
Título | música en Galicia [2017], A |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 21 p. : gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Melloran os indicadores de asistencia e recadación de música clásica e baixan os de música popular, segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da comunicación: 18/7/2017].