O desenvolvemento deste informe suscitouse pola necesidade de aproximarse a un fenómeno sociolingüístico que caracteriza a presenza social e a utilización do galego na mocidade. Como se sabe de estudos precedentes, malia que a mocidade semella ter unha boa imaxe da lingua, a súa disposición a falar galego é cada vez menor. Podería sintetizarse como unha disociación entre unhas actitudes positivas cara á lingua e un nivel discreto e decrecente do seu uso. En primeira instancia, esta investigación pretende indagar as causas desa desgaleguización da mocidade. Xa que logo, o obxecto de estudo deste traballo son as opinións e actitudes que ten a mocidade sobre o galego e a súa disposición a usalo.

[Data da nota de prensa: abril 2017]

Título Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Coordinación Rosario Álvarez
Asesoramento Xaquín Loredo Gutiérrez
Comisión técnica Mauro Fernández Rodríguez
Valentina Formoso Gosende
Henrique Monteagudo
Fernando Ramallo
Bieito Silva Valdivia
Equipo técnico Purificación Carballo Pérez
Håkan Casares
María Concepción Díaz-Fierros
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017
Edición 1ª edición
Descrición física 128 p. : gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI Carece
Materias
Áreas
Código QR
Gabinete de comunicación

O CCG presenta un estudo sobre as actitudes sobre a lingua galega entre a mocidade [Data da nota: 10/4/2017].