As actitudes lingüísticas son as opinións, ideas e prexuízos que teñen os falantes con respecto a unha lingua. Tradicionalmente, en Galicia considerábase que o galego era unha lingua que non servía para certas cousas ou que era unha lingua que non se lles debía aprender aos cativos. Cos anos, as actitudes foron mudando e cada vez é máis difícil atopar manifestacións abertamente hostís cara ao galego. O presente traballo pretende elaborar unha descrición e análise actualizada das actitudes lingüísticas dos galegos a partir dunha enquisa que se centra nos aspectos máis relevantes das opinións que os galegos teñen sobre a súa lingua, así como ofrecer algunhas pistas que completen unha análise actualizada e exhaustiva da situación sociolingüística de Galicia.
Título lingua(s) a debate (Edición revisada e ampliada), A(s)
Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega
Dirección Henrique Monteagudo
Autoría Håkan Casares
Carlos Neira
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012
Edición 2ª edición revisada e ampliada
Descrición física 151 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel desta 2ª edición revisada e ampliada.
Editada en papel a 1ª edición (2011)
ISBN 978-84-92923-44-1
Depósito Legal Carece
Colección documentos & informes; Núm:20
Materias
Áreas
Código QR