Por que habendo un numeroso alumnado feminino na Facultade de Belas Artes teñen tan pouca visibilidade as mulleres artistas nas exposicións que se realizan en Galicia?

Este texto Arte + mulleres. Creadoras galegas examina por primeira vez as cifras reais deste desfasamento, nun marco temporal que abrangue desde 1990 a 2013, elaborando un documento sobre a presenza das creadoras galegas respecto á dos artistas homes. Nel revísanse unha serie de acontecementos artísticos que nos permiten comprobar as evidentes diferenzas numéricas existentes entre ambos os dous sexos. Trátase dun período en que se avanzou na profesionalización en arte contemporánea, no que aumentou o número de mostras, de salas de exposicións e museos e que supón a institucionalización da formación artística para todo o ámbito galego. Por outra parte, desenvólvense iniciativas para promover a igualdade, amais de exposicións, bolsas ou premios, xunto ao espallamento do pensamento feminista a través de publicacións e outras accións divulgativas. Porén, os datos da participación das artistas mulleres, o recoñecemento ao seu traballo e a súa inclusión en coleccións demostran unhas diferenzas que apenas mellorarían.

Pretendemos que este informe sirva como primeira plataforma indicativa para achegar aos nosos lectores e lectoras a mellor información relativa ao estado da cuestión: a visibilidade da muller no panorama artístico galego destes últimos vinte e tres anos.
Título Arte+mulleres. Creadoras galegas
Obxecto de estudo María Victoria de la Fuente
Edición María Luisa Sobrino Manzanares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015
Edición 1ª edición
Descrición física 148 p. ; 28 cm.
ISBN 978-84-92923-65-6
Depósito Legal C 1797-2015
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes
Materias
Áreas
Código QR